martes, 11 de diciembre de 2012

Os Dereitos Humanos, nos "Camiños de Redondela"

"PANFLETOS" DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro, co gallo do aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 1948) fixemos esta actividade en 2º ESO:
Estudamos os dereitos que cada persoa ten soamente por ser persoa.
Buscamos exemplos deses dereitos...
... pero tamén exemplos de como se violan en todos os países.
Preparamos os panfletos resumindo o que aprendimos...
... e saímos a rúa para entregarllos a toda a xente da vila.
Traballamos en colaboración co Proxecto de Biblioteca sobre os Camiños de Redondela e coa Rede de Escolas de Amnistía Internacional. Neste post resumímovos como fixemos esta tarefa, na que o pasamos xenial.

1. Estudamos os Dereitos Humanos
Para isto utilizamos o libro, ademais (por suposto) do texto da Declaración


Un dos nosos principais recursos en internet é a páxina da Rede de Escolas de Amnistía Internacional, da que hai un grupo en bacharelato neste centro. Podes vela picando na imaxe:



2. Preparamos os panfletos 
Despois de buscar os exemplos tratamos de poñer en frases sinxelas e que todo o mundo poida entender...
... algún artigo da Declaración
... algún exemplo de violación dos dereitos
... algunha ONG que vixíe e traballe para que se cumpran
A continuación escribimos esas frases en papeis de cores e decorámolos ben.


3. Saímos á rúa
Xa temos todo preparado! Agora collemos o noso "material subversivo" e saímos polos Camiños de Redondela, como di o Proxecto de Biblioteca deste ano. Pensar que nalgúns países poderían deternos e incluso matarnos por facermos isto!
Primeiro fumos ao Concello, ao Mercado e ás tendas de arredor da alameda




Despois, á zona da Mariña e ao Centro de Saúde. Pedimos permiso para non molestar ás persoas que estan enfermas ou acoden a unha cita médica:




-Por que me foxe toda a xente?
-Porque te achegas gritando e o último que pensan é que lles vas dar un panfleto pacifista.
-Ah!
... pero, en xeral, todo o mundo nos recibe moi ben e dános as grazas por divulgarmos esta información que, moitas veces, non coñecemos tan ben como deberiamos.


4. Bótalles unha ollada!
Esta é a nosa colección de panfletos. Bótalles unha ollada!: 



lunes, 3 de diciembre de 2012

Cidades iluminadas contra a pena de morte - 30 de novembro de 2012

Fagamos da pena de morte unha pena en extinción

No grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional do noso instituto celebramos o día internacional das cidades iluminadas encartelando un debuxo dun viaduto para estar á altura da nosa vila, que puxo tres carteis ben grandes na fachada do concello.


Neste caderno deixámosvos un resumo das ideas e os actos que nos moveron neste día: