lunes, 21 de diciembre de 2015

Participación no vídeo "Refuxiados AI Galicia"

Este é o vídeo no que participamos a clase de 2º ESO B, colaborando con centros da Rede de toda Galicia, Refuxiados AI Galicia, en apoio ás persoas que arriscan a vida fuxindo da guerra e a persecución:


Fran, o Orientador do instituto, fixo este making of para que se vexa o ben que o pasamos:

martes, 15 de diciembre de 2015

Encontro con Ana-Paula Oliveira e Renata Neder

Asasinatos policiais nas favelas do Brasil


Colaboran:
Grupo do IES Pedro Floriani da Rede de Escolas de AI
Vale máis acender unha candea ca maldicir a escuridade
Departamento de Filosofía
Biblioteca Escolar - Proxecto 2015, Ano da luz


Texto: Sofía Castro, 4º ESO B.


A charla do pasado xoves 26 pareceume interesante e incrible. Grazas a Ana-Paula e Renata coñecemos datos e información que ata agora descoñeciamos.
Dixeron que o Brasil é o país con maior número de homicidios cometidos pola policía, que é o que máis me impactou de todo, como a policía pode causar tantas mortes.
Elas dicían que no ano do Mundial de fútbol as cifras de número de mortes aumentaron e teñen medo de que coas Olimpíadas volva aumentar, e iso é algo que non podemos permitir e que é terrorífico.
Finalmente, Ana-Paula contounos como a policia matou o seu fillo Johnathan sen motivo ningún. Foi un relato conmovedor e escoitámolo en silencio.

Oxalá todas as vítimas, familiares sobre todo, co tempo se volvan máis e máis fortes e poidan volver á tranquilidade e oxalá teñan moita sorte coa cmpaña Tu mataste o meu filho e consigan pouco a pouco facer máis. Creo que si: que se vai facer xustiza pero como elas dicían ninguén vai poder devolverlle aos seus fillos xamais.
Nin a policía nin ninguén ten dereito a quitarnos a nosa vida, un dereito humano imprescindible, o dereito á vida.

Documentación
Esta é unha das últimas noticias e investigacións que podemos atopar na páxina de Amnistía Internacional:


Brasil - Mataste o meu fillo


Brasil: policías militares de “gatillo fácil” mataron centos de persoas na cidade que se prepara para recibir os xogos olímpicos. Río de Xaneiro é unha cidade marcada polas intervencións policiais represivas. A súa policía militar, que parece seguir a máxima de “disparar primeiro e preguntar despois”, está contribuíndo ao alarmante aumento da taxa de homicidios pero os seus axentes nunca son investigados nin comparecen ante a xustiza.
Así o afirma Amnistía Internacional nunha análise inédita de datos estatísticos publicada a un ano do comezo dos xogos olímpicos de 2016.



Materiais
Na charla empregáronse estes audiovisuais:

  


Libro de visitas
Nós fixemos estes comentarios, que lles ofrecemos para amosarlles a nosa solidariedade e o noso cariño:


Fai click nas fotos para velas ampliadas:

domingo, 10 de mayo de 2015

Acción twitter polas mulleres de Irán

O día 5 de maio participamos na  Acción Twitter  da  Rede de Escolas de Amnistía Internacional , na campaña polas  mulleres de Irán , ameazadas por proxectos de novas leis que, se se chegaran a aprobar, enfrontaríanas a un futuro perigoso marcado pola mala saúde, a desigualdade, a discriminación, a violencia, limitadas opcións reproductivas e as liberdades restrinxidas.
Primeiro consultamos a documentación que nos ofrece Amnistía Internacional, resumida neste PDF (Pica na imaxe para descargalo):
Nel hai tamén unha imaxe e unha información sobre  Atena Farghadani  que proxectamos na aula na que nos xuntamos para mandar os nosos tuits.
Ás 12 menos cuarto, en coordinación con outros centros da Rede para ter máis impacto nos medidores das redes sociais, estivemos mandando as nosas mensaxes aos hashtags:


 #Procrearás        #Iran        #MiCuerpoMisDerechos        #LeonasdeIrán 


viernes, 13 de febrero de 2015

Mural Menores Soldado

O pasado día 5 de decembro fixemos a primeira reunión do grupo da  Rede de Escolas de Amnistía Internacional  no noso centro. Unha parte do grupo decidiu traballar sobre a campaña  O meu corpo, os meus dereitos , e podedes ver o seu traballo picando aquí.
Nós esocollimos o tema de  menores soldado  e subimos ao blog un post con documentación sobre o tema (pica aquí para acceder). Agora presentámosvos o noso traballo: un mural que penduramos na entrada do centro e que presentamos durante o recreo, xunto coa película e o prezi.


Recollimos a información esencial en catro rombos:


Buscamos un xeito gráfico de expresar o que sentimos ante o recrutamento de nenas/os soldado:


María presentou o mural e as películas:



martes, 10 de febrero de 2015

Exposición "O meu corpo, os meus dereitos"


Na primeira reunión do  Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional  do IES Pedro Floriani acordamos dividirnos para facer dous traballos distintos. Un dos grupos elixíu o tema de  Menores Soldado  e fixeron un mural e un acto de presentación que podedes ver picando aquí.

Nós fixemos unha exposición sobre o tema dunha nova campaña de A.I.:  O meu corpo, os meus dereitos .

Este foi o proceso que seguimos:

Consultamos a páxina web de Redescolas: Documentación e Imaxes hiperrealistas (Pica nas imaxes da dereita para acceder).

Pensamos algunhas frases que expresasen os nosos sentimentos ou que resumisen os datos, con nomes de persoas e de países afectadxs.

Escollimos algunhas das imaxes que nos pareceron máis impactantes.

Decidímonos pola roupa como símbolo dun mundo cargado de marcas de xénero.

Buscamos materiais que comunicaran esta idea: camisetas, teas, imperdibles, afinetes, pinzas, cordas de tender...

 
   


Finalmente fixemos unha exposición para chamar a atención dxs nosxs compañeirxs do Insti. Así foi como quedou, na entrada do centro e máis no corredor do 1º andar (pica nas imaxes para ampliar):



Nesta presentación están todas as imaxes e frases que puxemos nas camisetas: