miércoles, 10 de diciembre de 2014

Murais dos Dereitos Humanos, 2º ESO A, B 2014-15

Nos grupos A e B de 2º ESO fixemos estes murais como traballo final da Primeira Avaliación, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 1948) e o encontro con Manuel Martínez-Barreiro, activista de Amnistía Internacional.



Aquí podedes ver os debuxos ampliados:

 
 
 
 


Así fixemos o traballo. Primeiro eliximos os nosos dereitos con axuda do Pasaporte dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, escollimos os textos e fixemos os debuxos:


Despois posamos, con moito orgullo polas nosas obras de arte:



Aquí estamos pegando os debuxos e pintando os rótulos:



E agora ao corredor a pendurar os murais (Ei! Sen facer moita festa de máis, que ao lado están en clase!):




viernes, 5 de diciembre de 2014

Menores soldado

O grupo da  Rede de Escolas  do noso Instituto volve funcionar este ano, con 18 alumnas/os de bacharelato e 4 profes. Decidimos facer dous grupos, un que traballará sobre a campaña  O meu corpo, os meus dereitos  e outro que traballará sobre  menores-soldado .
Para o segundo grupo poñemos aquí estes materiais, que despois daremos a coñecer ao resto do alumnado do instituto:


 Vídeo gañador do
 concurso de curtametraxes de AI 
 Presentación en Prezi
 con información de AI 
  
  


lunes, 1 de diciembre de 2014

Cidades Iluminadas

Actividade de 1º da ESO contra a Pena de Morte



O día 30 de novembro é a  Xornada Internacional de Loita pola Vida . Amnistía Internacional, en colaboración con outras asociacións, organiza nesta data a acción  Cidades Iluminadas  na que en todo o mundo se proxectan, sobre centenares de edificios emblemáticos, frases e imaxes pedindo a abolición da  pena de morte . Tamén milleiros de cidades e vilas, como Redondela, poñen nas fachadas dos concellos pancartas sobre este tema.
En 1º da ESO, como parte do traballo do  Grupo da Rede de Escolas  do noso centro, colaboramos ralizando esta actividade, coordinada polos  Departamentos de Debuxo e Orientación :



Reflexionamos sobre a pena de morte e o que sentimos ante ela (Pica na imaxe da dereita para acceder á información de AI sobre a campaña).


Escollimos algúns edificios e construcións representativxs da nosa vila.


Debuxámolxs en cartoliñas, utilizando cores ou sombreado.


Propuxemos frases que expresaran o que sentimos ante a pena de morte e debuxámolas.


 
   

Finalmente, con axuda do profesorado do grupo, fixemos estas  montaxes con GIMP , imitando as  proxeccións  e as  pancartas  coas que a nosa vila e tantas outras celebran este día (pica nas fotos para agrandalas):


Estas son imaxes da pancarta que se pendurou, nos mesmos días, na fachada do  Concello de Redondela :




viernes, 10 de octubre de 2014

Malala Yousafzai. Premio Nobel da Paz 2014-15

O premio Nobel da Paz para Malala Yousafzai é unha noticia da máxima importancia. Nun mundo que está preocupado por outras cousas e nun tempo no que isto non vende, a actitude desta rapaza que se opón ao fanatismo das relixións e á violencia machista con tanta sinxeleza, cunhas ideas tan claras e cun valor tan desarmante é un raio de luz e de esperanza na escuridade.

Podes ler a súa historia na wikipedia, desde onde te remitirán a outras páxinas porque Malala recibiu moitos outros recoñecementos coma os premios Simone de Beauvoir e Sájarov.



Na web de Amnistía Internacional podes ver unha bonita homenaxe da sección asturiana.



E na nosa biblioteca podes pedir o seu libro, aínda que é mellor que te deas présa porque hai moita xente que quere lelo!!!