miércoles, 10 de diciembre de 2014

Murais dos Dereitos Humanos, 4º ESO A 2014-15

     
     
Estes son os murais que fixemos en 4º ESO A, na primeira avaliación.
Para elixir o dereito sobre o que queriamos facer o mural e para citar o texto dos dereitos humanos utilizamos este Pasaporte dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional. Tamén nos documentamos sobre as ONGs que loitan por facer que se cumpran. O noso traballo inclúe unha entrevista ao director do centro, Emilio, outra a un alumno de 2º de Bacharelato e un estudo detallado dos dereitos que se violan no cárcere de Guantánamo.

Para ver os trabalos que fixeron en inglés no grupo bilingüe, pica aquí:
http://avellanacova.blogspot.com.es/2015/03/human-rights-4th-eso-b-2014-15-posters.html




IGUALDADE

A igualdade de xénero debe ser un compoñente central en calquera intento para resolver os problema sociais, económicos e políticos. É un principio constitucional que estipula que homes e mulleres somos iguais ante a lei. A constitución española de 1978, no seu artigo 14, proclama este dereito, e é un dos principios fundamentais do dereito comunitario.





O DEREITO Á EDUCACIÓN
É o dereito a unha educación primaria gratuíta e obrigatoria para toas/os as/os nenas/os. Os estados deben establecer un sistema de educación secundaria e universitaria accesible a todas/os as/os xoves en condicións de igualdade.


Estas son as entrevistas que lles fixemos ao director do centro e a un compañeiro de 2º Bach.:



A LIBERDADE DE EXPRESIÓN
É un dereito fundamental recollido no artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Consiste na capacidade para difundir libremente as propias ideas e falar libremente sen censura. Sen liberdade de pensamento, a liberdade de expresión non serve de nada.



LIBERDADE
O dereito ás distintas formas da liberdade está recollido en moitos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: Prohibición da escravitude (Artigo 4), Dereito á privacidade e a honra (Artigo 12),  Liberdade de pensamento, conciencia e relixión (Artigo 18), Liberdade de expresión (Artigo 19), Liberdade de asociación e reunión pacíficas (Artigo 20).


GUANTÁNAMO
Cárcere de seguridade para delictos de terrorismo que os EEUU teñen en Cuba desde 2002. Está situada xunto á Baía de Guantánamo, 920 km ao SO de A Habana. Amnistía Internacional calcula que o 80 % das persoas detidas están en réxime de aillamento. Os EEUU pretenden xustificar que non se leve ás/os detidas/os a xuízo porque o cárcere está fóra do país (pero isto vai contra o artigo 2º da DUDH). Barack Obama prometeu pechar o cárcere en 2008 pero non cumpríu aínda a súa promesa.


Nestas imaxes podes ver un resumo dos dereitos humanos que non se cumpren en Guantánamo:

Murais dos Dereitos Humanos, 2º ESO A, B 2014-15

Nos grupos A e B de 2º ESO fixemos estes murais como traballo final da Primeira Avaliación, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 1948) e o encontro con Manuel Martínez-Barreiro, activista de Amnistía Internacional.



Aquí podedes ver os debuxos ampliados:

 
 
 
 


Así fixemos o traballo. Primeiro eliximos os nosos dereitos con axuda do Pasaporte dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, escollimos os textos e fixemos os debuxos:


Despois posamos, con moito orgullo polas nosas obras de arte:



Aquí estamos pegando os debuxos e pintando os rótulos:



E agora ao corredor a pendurar os murais (Ei! Sen facer moita festa de máis, que ao lado están en clase!):




viernes, 5 de diciembre de 2014

Menores soldado

O grupo da  Rede de Escolas  do noso Instituto volve funcionar este ano, con 18 alumnas/os de bacharelato e 4 profes. Decidimos facer dous grupos, un que traballará sobre a campaña  O meu corpo, os meus dereitos  e outro que traballará sobre  menores-soldado .
Para o segundo grupo poñemos aquí estes materiais, que despois daremos a coñecer ao resto do alumnado do instituto:


 Vídeo gañador do
 concurso de curtametraxes de AI 
 Presentación en Prezi
 con información de AI 
  
  


lunes, 1 de diciembre de 2014

Cidades Iluminadas

Actividade de 1º da ESO contra a Pena de Morte



O día 30 de novembro é a  Xornada Internacional de Loita pola Vida . Amnistía Internacional, en colaboración con outras asociacións, organiza nesta data a acción  Cidades Iluminadas  na que en todo o mundo se proxectan, sobre centenares de edificios emblemáticos, frases e imaxes pedindo a abolición da  pena de morte . Tamén milleiros de cidades e vilas, como Redondela, poñen nas fachadas dos concellos pancartas sobre este tema.
En 1º da ESO, como parte do traballo do  Grupo da Rede de Escolas  do noso centro, colaboramos ralizando esta actividade, coordinada polos  Departamentos de Debuxo e Orientación :



Reflexionamos sobre a pena de morte e o que sentimos ante ela (Pica na imaxe da dereita para acceder á información de AI sobre a campaña).


Escollimos algúns edificios e construcións representativxs da nosa vila.


Debuxámolxs en cartoliñas, utilizando cores ou sombreado.


Propuxemos frases que expresaran o que sentimos ante a pena de morte e debuxámolas.


 
   

Finalmente, con axuda do profesorado do grupo, fixemos estas  montaxes con GIMP , imitando as  proxeccións  e as  pancartas  coas que a nosa vila e tantas outras celebran este día (pica nas fotos para agrandalas):


Estas son imaxes da pancarta que se pendurou, nos mesmos días, na fachada do  Concello de Redondela :