Na materia de Valores éticos de 4º ESO dedicamos o terceiro trimestre á relación entre Dereitos Humanos e Tecnoloxía. Como non queriamos repetir o traballo do ano pasado, a elaboración dun boletín, decidimos embarcarnos nunha viaxe un pouco máis arriscada e facer todo un sitio web explicando cal é o problema, buscando solucións e dando a coñecer o traballo que Amnistía Internacional realiza nalgúns destes casos. A fonte inicial para o noso traballo foi a revista trimestral de Amnistía Internacional. Como algúns dos números dos que dispoñemos xa son algo atrasados, seguimos investigando para actualizar datos e referencias.
Podes ver o resultado picando na imaxe da esquerda, e a revista de AI picando na da dereita. Anímaste a facer cyberactivismo con nós?
O proceso
En primeiro lugar, buscar definir o que é a tecnoloxía e charlamos sobre a relación que ten cos dereitos humanos (en favor deles, pero moitas veces tamén en contra). Estas ideas recollímolas na portada do noso sitio web. Despois, para fixar ideas, estivemos buscando exemplos nas revistas de AI que temos na biblioteca.
O seguinte día organizamos o traballo: quen se encarga de cada tema, que forma imos dar ao sitio web, como o editaríamos a través das nosas contas de Google Sites e Google Drive...
Finalmente buscamos documentación actualizada nas páxinas de AI, tomamos delas imaxes respectando os dereitos de autoría e fixemos cadansúa páxina do sitio web.
Lidia Collazo Couñago, de 4º da ESO B, gañou este ano o IV Concurso Xuvenil de Microrrelatos da Rede de Escolas de Amnistía Internacional na categoría de 14 a 16 anos. Un premio merecido, que nos enorgullece enormemente.
Picando na imaxe da dereita pódese acceder á convocatoria do concurso, na páxina da Rede de Escolas.
A casa da avoa
Non hai maior dor para un pai que ver sufrir os seus fillos,velos sufrir e non poder facer nada para evitalo,nada para aliviar o seu sufrimento.Só estar alí, apoialos nas decisións difíciles e darlles un lugar no que sempre se sentiran seguros e protexidos.Ou polo menos tentalo. Lembro o día que lle chegou a carta a miña filla, chamoume chorando e moi angustiada, o único que eu podía facer na miña situación era escoitala, maldicir interiormente o noso goberno, pensar en todos o dereitos que estaban a ser violados nese momento e tentar consolala con palabras que non sentía xa que a súa situación era bastante mala. Xa pasaron uns meses e os meus netos atópanse xogando co can mentres que os seus pais mandan solicitudes de traballo sen parar, xa non teñen casa, non puideron pagar a súa débeda e botáronos. Por agora os nenos pensan que están de vacacións, pero iso non durará eternamente e xa comezan a sospeitar. A miña pensión está a alimentar a seis persoas e un canciño, é complicado e ás veces dan ganas de renderse pero coma dicía unha amiga miña “entre mortos e feridos alghun ádese salvar” mirando o lado positivo pasamos moito mais tempo xuntos e temos un teito sobre as nosas cabezas. Viven coa avoa, que ten de malo? Mais todo iso pode cambiar e despois de ler o correo desta mañá a situación vai empeorar rapidamente a non ser que nos toque a primitiva.
Lidia Collazo Couñago
A entrega de premios O premio consiste nunha preciosa figura da escultora Cuqui Piñeiro e un lote de libros. Este ano entregouno o escritor Román Raña. Estas son algunhas imaxes da ocasión:
Nas materias de Valores Éticos da ESO estivemos escribindo relatos seguindo as bases do 4º Concurso de Microrrelatos da Rede de Escolas de AI: Detrás de cada porta hai unha historia Despois, as/os que quixemos enviámolos ao concurso.
Como vos contaremos noutro post, a nosa compañeira Lidia Collazo, de 4º B, resultou vencedora na categoría de 16 anos e menores. Agora poñémosvos aquí dous exemplos dos relatos de 3º ESO.
Picando no cartaz do concurso podedes acceder á web de Amnistía Internacional - Vigo, onde están as bases da convocatoria.
Sen Fogar
Clara Lorenzo Castro
Un día espertei, levaba tempo xa no paro e non podía pagar o piso no que estaba a vivir case ningún mes. Ese día, un día coma o resto, fun tirar o lixo e topeime con algo diferente, algo estraño. Na porta da miña casa había un papel pegado un pouco raro. Puña: Propiedade desaloxada por execución hipotecaria o día 27/09/2019. Anteriormente xa pasara por uns xulgados e xa sabía que nun tempo me quitarían o piso se non o pagaba, pero non pensara que ese tempo serían un par de días, non pensaba que sería hoxe, non mo esperaba. Un día tan espléndido coma hoxe, con todos os paxaros cantando detrás miña, e o despexado ceo enriba. Cando meus ollos se toparon con ese papel e leron esa serie de palabras algo rompeuse dentro de min porque pensei: Non teño fogar. Sen pensalo rompín a chorar. Unhas horas despois, recuperada da sorpresa que levara, quería chamar á miña nai para dicirllo pero, para unha nai seria moi difícil pensar que tren unha filla que non é capaz de manter un apartamento ela soa, pensar que ten unha filla inútil. Por iso non tiven o suficiente valor para chamala e dicirllo da vergoña e pena que me daba saber que a parte de min, moita xente estaba sen fogar e en condicións peores. E vergoña non solo de non ter fogar senón de vivir nesta sociedade mentireira, hipócrita e egoísta na que por desgracia, ou sorte para outros, vivimos.
Bótote de menos
Alba Mera Conde
Coñecín a Lara cando ela tiña 3 meses, fun un regalo dos seus padriños e paseime toda a súa infancia ao seu lado, escoitando a súa risa, os seus problemas, as súas primeiras palabras… Pero cando cumpriu os 15 comezaron os problemas na súa casa. A súa nai perdeu o traballo e o seu pai perdía clientes por culpa da crise. A pesar de todo isto ela seguía allea ao que podería pasar máis adiante. Eu vivía no andel, enriba da súa cama, na súa preciosa habitación, que tiña un armario enorme cheo de roupa das cores do arco da vella. Pero isto comezou a cambiar un día, o seu irmán maior tivo que mudarse a outro país para conseguir algo mellor. Dende alí non podería mandarlles diñeiro xa que mudarse era moi caro. Dende ese momento todo comezou a ir peor. Xa case non había comida na casa e os seus pais estaban cada día máis desanimados. Ela dábase conta do que estaba a pasar, pero non quería admitilo. Semanas máis tarde a casa estaba case baleira, xa que tiveron que vender as súas cousas de valor. Días máis tarde chegou a carta do banco, ían quitarlles a casa por non pagar a hipoteca. Os días seguintes foron un inferno xa que todo o mundo de Lara íase desvanecendo. E un día sen avisar entraron na casa e arrancáronme do andel, dos brazos de Lara. Para sempre. E dende ese día non a volvín ver. Lara bótote de menos! - O teu osiño de peluxe.
O noso centro quixo facer, como ven sendo habitual, un acto comunitario de rexeitamento a toda violencia de xénero. Para o acto preparáronse exposicións sobre o número de vítimas na nosa Comunidade Autónoma:
O feminicidio en Galicia:
54 mulleres asesinadas
de 2010 a 2017
O 61,11% dos casos coñecidos en Galicia son feminicidios íntimos (no marco da parella ou exparella). Pontevedra é a provincia galega con a tasa de prevalencia
máis alta en 2015 e a terceira máis alta do Estado ese ano. As tres mulleres que presentaron denuncia e conseguiron
medidas de proteción foron asesinadas durante o quebrantamento destas medidas.
Asi mesmo, nos taboleiros mostrouse información sobre como identificar os indicios da violencia na linguaxe, actitudes e nas redes sociais. Os peldaños cubríronse con consellos "Se a túa parella..." para informar dos comportamentos que conlevan actitudes sexistas que podan desenvolverse en violencia psicolóxica. E repartíronse lazos que elaboramos grazas a colaboración do voluntariado da biblioteca.
O alumnado participou na lectura do discurso de Emma Watson ante a Asamblea das Nacións Unidas.
Ademáis todo o centro (alumnado, profes e PPNN) participou na elaboración dun video (en galego, e inglés) baseado nun poema de Itziar Pascual titulado Por qué? que penduramos noutro post (Pica aquí para velo).
Na celebración do Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte deste ano participaron todos os grupos de Valores Éticos da ESO, con profesorado dos Departamentos de Administrativo, Latín e Filosofía, e a colaboración, por suposto, do Concello de Redondela. Fixemos os murais que vedes aquí, inspirados en edificios e monumentos da nosa vila.
Esta é a pancarta que pendurarou o Concello, que se solidarizou coa nosa reivindicación:
Para conmemorar o 25 de novembro día contra a violencia machista puxemos voz a un poema de Itziar Pascual POR QUÉ.
Ademais do profesorado, persoal non docente participaron alumnado de ESO, Bachillerato, FP e CM e CS ( estes últimos coa tradución do texto en inglés) e o Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.
(En escena, una mujer con un puñado de preguntas. Cuando pregunta, con toda su timidez, mira al público. Tal vez tire al suelo un pétalo de una flor, un folio arrancado de un cuaderno, la foto de una noticia de sucesos del periódico, una lágrima, una duda). MUJER: Tengo un puñado de preguntas.
Un puñado grande.
Tal vez puedan ayudarme.
No consigo verles, siquiera.
Pero confío en que puedan ayudarme.
No sé quienes son.
Pero ojalá tengan algo que darme.
Una palabra, un puñado de palabras.
Tal vez una respuesta (Pausa)
¿Por qué las goteras se presentan sólo en los días de ausencia?
¿Por qué siempre llega antes el Metro del andén de en frente?
¿Por qué me florecen las patatas y las cebollas y se me mueren todas las plantas?
¿Por qué los vecinos me cuelan en el buzón las propagandas que no quieren?
¿Por qué el paquete de tabaco siempre se acaba cuando se han cerrado los estancos?
¿Por qué cuando me acuerdo y voy al estanco lo han cerrado ya?
¿Por qué están tan buenos los donuts de chocolate en las tiendas de chinos?
¿Por qué el Circular tarda veinte minutos y cuando llega vienen dos seguidos?
¿Por qué son adictivas las patatas fritas onduladas, el chocolate y la nostalgia?
¿Por qué se corta la leche el día que no tienes otro brik en la despensa?
¿Por qué en la radio tienen más espacio los programas de OVNIS que los de cultura?
¿Por qué ser amable es un gesto de pobres, de perdedores o de emigrantes?
¿Por qué tengo sueños que nunca consigo recordar para apuntarlos a tiempo?
¿Por qué mis vecinos lanzan colillas, plásticos, servilletas y mondas de fruta al patio?
¿Por qué son tan cerdos mis vecinos?
¿Por qué son tan caros los cartuchos de tinta para la impresora?
¿Por qué no son reciclables si son tan caros?
¿Por qué cuando soy puntual alguien llega tarde?
¿Por qué cuando llego tarde todos son puntuales?
¿Por qué está lleno el contenedor de vidrio cuando llevo mis botellas?
¿Por qué pierdo las llaves siempre que voy a mudarme de casa?
¿Por qué los bolígrafos de la mesilla están secos cuando voy a usarlos?
¿Por qué se da por entendido que todo el mundo tiene televisión y teléfono móvil?
¿Por qué se desconecta el módem cuando te he escrito un mensaje irrepetible?
¿Por qué cuando vuelvo a conectarme el mensaje se ha borrado?
¿Por qué en la biblioteca hay libros disponibles en el ordenador, pero desaparecidos?
¿Por qué se han ido esos libros y en qué patria de libros huidos se encuentran?
¿Por qué los mecheros se quedan siempre en el fondo del bolso?
¿Por qué tardan tanto en dar una cita los gestores culturales si no programan a nadie?
¿Por qué nadie contesta una encuesta si todos hemos sido alguna vez encuestadores?
¿Por qué hay tantas encuestas en los periódicos si nadie se para a hacerlas en la calle?
¿Por qué los periódicos regalan tantas cosas inservibles los domingos?
¿Por qué existe el Fondo Monetario Internacional si sólo ha servido para hundir países?
¿Por qué pito en todos los controles del aeropuerto si no llevo nada metálico?
¿Por qué en los controles tienen derecho a cachearte, a vaciar tu maleta y a interrogarte?
¿Por qué es más importante la seguridad que la libertad?
¿Por qué dejan pasar el contrabando mundial de armas y a mí me ponen pegas?
¿Por qué se funden las bombillas siempre que estoy de mal humor?
¿Por qué cachean a las actrices de este país si acuden al Congreso de los Diputados?
¿Por qué me cuesta tanto mirarte a los ojos?
¿Por qué tengo acné juvenil pasados los 35?
¿Por qué me siento en los despachos de los bancos como si fuera al dentista?
¿Por qué los trabajos de publicidad se cobran tres meses después?
¿Por qué caducan los yogures, las mermeladas y los afectos?
¿Por qué no desgravan todos los trabajos que no cobro?
¿Por qué no desgrava la buena educación?
¿Por qué se puede matar a una mujer y decir que al tipo se le fue la mano?
¿Por qué se puede matar a una mujer y decir que fue una locura de amor?
¿Por qué se puede matar a una mujer en España con tanta frecuencia?
¿Por qué se puede matar a una mujer?
¿Siguen ahí?
¿Me escuchan?
Tengo todavía más.
Unas cuantas más.
Unas cuantas.
Muchas.
Pero a lo mejor,
Si no tienen respuestas.
Podríamos intercambiarlas.
Las suyas por las mías.
Eso estaría bien.
Les cambio la del Fondo Monetario Internacional y la del donuts de chocolate.
Les cambio la de los libros huidos a una patria de libros huidos y la del acné juvenil.
Las de las mujeres muertas no.
Esas no las cambio.
Esas prefiero que las respondamos todos.
(La mujer se gira. Lleva en una camiseta la frase LEY CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO YA). Oscuro
A 3ª avaliación de Valores éticos trata sobre Tecnoloxía e Dereitos Humanos. En Valores éticos de 3º A, 4º A e 4º B, despois de considerar as vantaxes da tecnoloxía na difusión e defensa dos DDHH, fixemos boletíns informativos sobre varios problemas que o seu mal uso está causando. Nesta ocasión, o noso grupo contou coa colaboración do Departamento de Filosofía.
Non só queriamos profundar nas vantaxes e inconvenientes da tecnoloxía, tamén queriamos descubrir xeitos de traballar online en grupo e aprender a utilizar algún aplicativo axeitado para maquetar os boletíns, como Publisher.
Comezamos charlando sobre a tecnoloxía, cómo mellora as nosas vidas con novos aparellos, medios de transporte, cultivos, enerxías, redes sociais... Pero todo ten un lado escuro: o uso bélico, a contaminación, os cultivos agresivos co medio ambiente, a censura nas redes...
A continuación dividimos a clase en grupos e cada un decide o tema que vai investigar. Cada un ten que redactar un texto breve e moi claro e buscar imaxes que o ilustren. Aproveitamos a estrutura doutros boletíns feitos pola biblioteca ou o departamento de filosofía, en 6 columnas: portada e contraportada, unha introdución que se ve ao abrir a portada e tres columnas de información. A portada e contraportada son o lugar indicado para os logotipos, links e datos de contacto.
O boletín de 3º A
Os temas elixidos en 3º A foron:
Ataques con drons (B3H1ND), Contaminación do delta do rio Níxer (Shell), Glifosato e cultivos transxénicos (Monsanto), Polución e Centrais nucleares (Fukushima e Garoña).
O boletín de 4º A
En 4º A tratamos os seguintes temas:
120 xornalistas encarceradas/os (Control das redes sociais en Turquía),
Criminalización de Máxima Acuña (Intereses das empresas mineiras e de alimentación en Perú) e Aceite de Palma (Man de obra escrava e deterioro do medio ambiente en Indonesia).
O boletín de 4º B
E os temas de 4º B foron:
As enerxías renovables (freadas en España por intereses das grandes empresas),
O coltán (Man de obra escrava e Menores soldado no Congo). Slide to unlock (Uso do teléfono móbil para denunciar a prisión de Guantánamo) e B3H1ND (O xogo de Drons e Hackers para teléfonos móbiles).
Zona de descarga
Podes descargar os tres boletíns en formato *.pub picando aquí: