martes, 3 de mayo de 2016

3º ESO participa no Concurso de Microrrelatos

Este ano, en 3º ESO, participamos no Concurso de Microrrelatos da Rede de Escolas de AI. O tema era Persoas refuxiadas.

Dos relatos entregados enviamos o de Iria Míguez Ferreira, na categoría de 16 anos e menores:

Picando no cartaz do concurso podedes acceder á web de Amnistía Internacional - Vigo, onde están as bases da convocatoria.


Primeiro as persoas logo as fronteiras
Iria Míguez Ferreira


Ola, chámome Khalid, son un refuxiado e, como todos sabedes tiven que saír do meu país porque está en perigo pola guerra.

Para saír tiven que viaxar nunha balsa que nos proporcionaron uns homes, os cales nos roubaron as pertenzas antes de partir deixándonos só co posto e cun mapiña de onde debíamos dirixirnos. Na balsa viaxaban moitas mulleres con nenos, e nenos coma min, que viaxaban sós. Ao redor dos nenos as nais viaxaban homes que se turraban para dirixir a balsa. Algúns nenos morreron na viaxe, non sei se de fame ou de frío. Chegamos en dous días, xa que pola noite houbo que facer algunha pausa polas mortes e pola marea.

Cando chegamos, tivemos sorte de que nos esperara xente con mantas e bebidas. Algúns tamén nos traían pan do día. Tiven a sorte de quedar cunha das mulleres que nos esperaba alí. Levoume á súa casa e deume de comer. Tratoume como o seu fillo e díxome que ela non podía telos. Así que eu lle estaba salvando tanto a ela como ela a min. Esta muller segue sendo como miña nai despois de meses e, grazas a Deus, teño unha boa nova vida aquí.



Os premios na categoría de menores de 16 anos foron para Vera Santomé Juncal, do I.E.S. Paralaia, polo relato “Chamando ás portas do... ceo?”(premio do xurado) e Elena Berea Veiga, do I.E.S. Valle Inclán, por “A viaxe” (premio de popularidade in Facebook). En maiores de 16 anos ambos premios foron para Nerea Gómez González, do I.E.S. San Paio polo relato “Hijos de la Tierra”. Podedes ler os relatos finalistas abrindo este ficheiro de ISSUU:

 
 


jueves, 28 de abril de 2016

Adhesión ao Manifesto #EuAcollo

Como di María Barreiro, Estamos no bo camiño!: o claustro de profesoras/es do noso centro acaba de decidir por unanimidade unirse ao Manifesto #EuAcollo.
A semana pasada, desde este Grupo, propuxéramosllo ao profesorado e hoxe celebrouse a votación, que saíu aprobada sen votos en contra.

Xa podemos poñer con orgullo os cartaces da campaña. Míraos no panel da entrada e na biblioteca:

A campaña de AI desenvólvese en tres vagas. Na actualidade diríxese a persoas individuais e a organizacións, e pode asinarse por carta, en internet e en redes sociais, por exemplo picando nesta imaxe:

A segunda vaga irá dirixida a persoeiros da cultura, sociedade, etc. e a institucións e, a terceira, a persoeiros da política.

O texto do manifesto denuncia a falta de resposta da Unión Europea e lembra os compromisos adquiridos ao asinarmos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, con especial fincapé na dobre exposición das nenas e mulleres ás violacións dos seus dereitos polas mafias. Finalmente, solicita á Unión Europea que ACOLLA e ao goberno de España
Que garanta unha resposta rápida para as persoas refuxiadas e solicitantes de asilo que chegan a Europa, ben por terra, ben por mar.
Que cumpra coas súas obrigacións internacionais e aumente o número de prazas de reasentamento, especialmente para mulleres, nenas e persoas en situación de especial vulnerabilidade.
Que garanta unhas condicións de acollida dignas.
Que se comprometa a impulsar medidas que garantan o dereito de asilo e ao establecemento de rutas legais e seguras para que ninguén teña que arriscar a súa vida en busca de refuxio.



viernes, 8 de abril de 2016

SOS Siria


A B.E. puxo en marcha durante o mes de marzo unha recollida de roupa en solidariedade cos refuxiados sirios. Durante dúas semanas toda a comunidade educativa contribuiu no almacenaxe, clasificado e precintado da roupa: profes e alumnado traballamos xuntos por unha boa causa.

Conseguimos xuntar uns 700kg de axuda entre calzado e prendas de todo tipo de abrigo para neno/a, muller e home.


A nosa aportación unese a outras feitas en Asturias, Pais Vasco e Madrid e partiu para Atenas.

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.

domingo, 6 de marzo de 2016

Informe AI 2015-16 - En Galego!

Hai uns días, Amnistía Internacional acaba de publicar o seu informe sobre a situación dos Dereitos Humanos no mundo. Podes descargalo na Web de AI, picando nesta ligazón:


Xunto co informe, publicouse tamén un resumo de dúas páxinas (Informe 2015/16 - Datos e cifras), con debuxos, moi útil para traballar co alumnado de secundaria. Xemma Fernández, profesora de galego do noso grupo da Rede de Escolas do Floriani traducíuno ao galego, e podedes velo aquí:



 
 


Para descargalo pica na icona:


(Licenza da icona: reutilización non comercial, en pixabay.com)

martes, 19 de enero de 2016

Formación de usuarias/os para 1º ESO

GUINDANDO LUZ SOBRE O MUNDO: A BIBLIOTECA ESCOLAR COS DEREITOS HUMANOS

Este ano quixemos facer unha formación de usuarios que tivera que ver co noso proxecto da luz. Por iso, pensamos en centrar a nosa formación de usuarios sobre os títulos da nosa biblioteca que teñan que ver cos dereitos humanos. Fixemos unha pequena introducción coa proxección do video “ Blinda tus derechos” producido por tres das máis importantes ONGs: GreenPeace, Amnistía e Intermón Oxfam. Esta é a páxina que consultamos:


Podes ver directamente o vídeo picando aquí:




Despois traballamos por grupos buscando información na base de datos MEIGA:

GRUPO 1

1. Cal é o título da novela gráfica sobre o nazismo de Art Spiegelmann?
2. Cal é a autora de La sangre de los otros e El segundo sexo ? De que dereito fundamentais falan os libros?

GRUPO 2

1. Quen é o autor de Persépole?
2. Busca en Internet de que trata a novela? De que dereito fundamental trata?


GRUPO 3

1. Título da novela gráfica de Xosé Tomás? En que sección está ubicado na nosa biblioteca?
2. Que problemática actual te recorda á temática deste libro?


GRUPO 4

1. En que nova sección da nosa biblioteca se atopa Au Revoir, Marie da autora Tina Olivares?
2. Busca en Internet de que trata a novela e a que xénero pertence?


GRUPO 5

1. Cita dous títulos do autor afgano Khaled Hosseini
2. Título do libro escrito por Joseph Lorman? De que dereito fala o libro?


GRUPO 6

1. Que presidente estadounidense impulsou o fin da escravitude en América do Norte?
2. Que título temos que fale del na nosa biblioteca?


lunes, 21 de diciembre de 2015

Participación no vídeo "Refuxiados AI Galicia"

Este é o vídeo no que participamos a clase de 2º ESO B, colaborando con centros da Rede de toda Galicia, Refuxiados AI Galicia, en apoio ás persoas que arriscan a vida fuxindo da guerra e a persecución:


Fran, o Orientador do instituto, fixo este making of para que se vexa o ben que o pasamos:

martes, 15 de diciembre de 2015

Encontro con Ana-Paula Oliveira e Renata Neder

Asasinatos policiais nas favelas do Brasil


Colaboran:
Grupo do IES Pedro Floriani da Rede de Escolas de AI
Vale máis acender unha candea ca maldicir a escuridade
Departamento de Filosofía
Biblioteca Escolar - Proxecto 2015, Ano da luz


Texto: Sofía Castro, 4º ESO B.


A charla do pasado xoves 26 pareceume interesante e incrible. Grazas a Ana-Paula e Renata coñecemos datos e información que ata agora descoñeciamos.
Dixeron que o Brasil é o país con maior número de homicidios cometidos pola policía, que é o que máis me impactou de todo, como a policía pode causar tantas mortes.
Elas dicían que no ano do Mundial de fútbol as cifras de número de mortes aumentaron e teñen medo de que coas Olimpíadas volva aumentar, e iso é algo que non podemos permitir e que é terrorífico.
Finalmente, Ana-Paula contounos como a policia matou o seu fillo Johnathan sen motivo ningún. Foi un relato conmovedor e escoitámolo en silencio.

Oxalá todas as vítimas, familiares sobre todo, co tempo se volvan máis e máis fortes e poidan volver á tranquilidade e oxalá teñan moita sorte coa cmpaña Tu mataste o meu filho e consigan pouco a pouco facer máis. Creo que si: que se vai facer xustiza pero como elas dicían ninguén vai poder devolverlle aos seus fillos xamais.
Nin a policía nin ninguén ten dereito a quitarnos a nosa vida, un dereito humano imprescindible, o dereito á vida.

Documentación
Esta é unha das últimas noticias e investigacións que podemos atopar na páxina de Amnistía Internacional:


Brasil - Mataste o meu fillo


Brasil: policías militares de “gatillo fácil” mataron centos de persoas na cidade que se prepara para recibir os xogos olímpicos. Río de Xaneiro é unha cidade marcada polas intervencións policiais represivas. A súa policía militar, que parece seguir a máxima de “disparar primeiro e preguntar despois”, está contribuíndo ao alarmante aumento da taxa de homicidios pero os seus axentes nunca son investigados nin comparecen ante a xustiza.
Así o afirma Amnistía Internacional nunha análise inédita de datos estatísticos publicada a un ano do comezo dos xogos olímpicos de 2016.



Materiais
Na charla empregáronse estes audiovisuais:

  


Libro de visitas
Nós fixemos estes comentarios, que lles ofrecemos para amosarlles a nosa solidariedade e o noso cariño:


Fai click nas fotos para velas ampliadas: