viernes, 6 de marzo de 2020

Participamos no concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional

O tema do Concurso de Microrrelatos deste ano é o acoso escolar.
Na materia de valores éticos participamos escribindo os relatos en clase; despois, se queremos, podemos presentalos para o concurso, entregándoos a través do formulario que está nesta páxina.

Na convocatoria dise:

    Sensibilizar sobre o problema do acoso escolar, concienciar á sociedade sobre a importancia de tomar medidas e dar a coñecer os novos medios cos que se conta para previlo e loitar contra el (coma os equipo de mediación). Estes son o obxectivos do V Concurso de Microrrelatos Xuvenil organizado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo. Nesta ocasión, o tema do concurso é “No noso grupo conseguímolo” e busca abordar tanto a problemática do acoso escolar como posibles solucións. Por iso, os textos que se presenten -a extensión máxima é de 250 palabras- deberán centrarse nos diferentes suxeitos que sofren a violencia, exércena, traballan para erradicala… tendo en conta diferentes punto de vista, especialmente da comunidade escolar.    

Estes son os nosos relatos:

jueves, 24 de octubre de 2019

30 de Novembro de 2018: Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte

Colaboran: Biblioteca Escolar e Departamento de Filosofía.

Estes son os nosos murais contra a pena de morte no día das Cidades Iluminadas 2018:



O mapa da Pena de Morte de 4º ESO
O traballo de 4º ESO amosa que, aínda que queda moito por facer, o retroceso da pena de morte no mundo é imparable. Os números, aproximados, amosan que hai (máis de) un 50% de países abolicionistas e arredor dun 15% que, na práctica, non aplican esta pena. Ademais, un 5% non a aplican para delitos comúns e só un 30% retéñena nas súas lexislacións e aplícana de feito. Os datos (de 2018) están tomados da web de Amnistía Internacional pero tamén buscamos documentación en varias fontes, como os pasaportes dos dereitos humanos.


O tren chocochú de 3º A


O choco de 3º B


A ponte de Rande de 2º A


O viaduto de 2º B