O pasado día 5 de decembro fixemos a primeira reunión do grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional no noso centro. Unha parte do grupo decidiu traballar sobre a campaña O meu corpo, os meus dereitos , e podedes ver o seu traballo picando aquí.
Nós esocollimos o tema de menores soldado e subimos ao blog un post con documentación sobre o tema (pica aquí para acceder). Agora presentámosvos o noso traballo: un mural que penduramos na entrada do centro e que presentamos durante o recreo, xunto coa película e o prezi.
Recollimos a información esencial en catro rombos:
Buscamos un xeito gráfico de expresar o que sentimos ante o recrutamento de nenas/os soldado:
María presentou o mural e as películas:
viernes, 13 de febrero de 2015
martes, 10 de febrero de 2015
Exposición "O meu corpo, os meus dereitos"
Na primeira reunión do Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional do IES Pedro Floriani acordamos dividirnos para facer dous traballos distintos. Un dos grupos elixíu o tema de Menores Soldado e fixeron un mural e un acto de presentación que podedes ver picando aquí.
Nós fixemos unha exposición sobre o tema dunha nova campaña de A.I.: O meu corpo, os meus dereitos .
Este foi o proceso que seguimos:
Consultamos a páxina web de Redescolas: Documentación e Imaxes hiperrealistas (Pica nas imaxes da dereita para acceder). Pensamos algunhas frases que expresasen os nosos sentimentos ou que resumisen os datos, con nomes de persoas e de países afectadxs. Escollimos algunhas das imaxes que nos pareceron máis impactantes. Decidímonos pola roupa como símbolo dun mundo cargado de marcas de xénero. Buscamos materiais que comunicaran esta idea: camisetas, teas, imperdibles, afinetes, pinzas, cordas de tender... |
|
Finalmente fixemos unha exposición para chamar a atención dxs nosxs compañeirxs do Insti. Así foi como quedou, na entrada do centro e máis no corredor do 1º andar (pica nas imaxes para ampliar):
Nesta presentación están todas as imaxes e frases que puxemos nas camisetas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)