sábado, 10 de diciembre de 2016

Manifesto #EuAcollo - Adhesións individuais

En abril do ano pasado, o noso centro adheriuse ao manifesto #EuAcollo.
Era a primeira vaga desta campaña de Amnistía Internacional. Agora comezamos a segunda, de adhesións individuais, e unha parte grande do profesorado do noso centro asinou tamén o manifesto.

Lembra que podes atopar toda a campaña na web de Amnistía:


O texto do manifesto denuncia a falta de resposta da Unión Europea e lembra os compromisos adquiridos ao asinarmos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, con especial fincapé na dobre exposición das nenas e mulleres ás violacións dos seus dereitos polas mafias. Finalmente, solicita á Unión Europea que ACOLLA e ao goberno de España
Que garanta unha resposta rápida para as persoas refuxiadas e solicitantes de asilo que chegan a Europa, ben por terra, ben por mar.
Que cumpra coas súas obrigacións internacionais e aumente o número de prazas de reasentamento, especialmente para mulleres, nenas e persoas en situación de especial vulnerabilidade.
Que garanta unhas condicións de acollida dignas.
Que se comprometa a impulsar medidas que garantan o dereito de asilo e ao establecemento de rutas legais e seguras para que ninguén teña que arriscar a súa vida en busca de refuxio.

jueves, 1 de diciembre de 2016

Murais das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte

Nas materias de Valores éticos de 3º ESO A, 4º ESO A e 4º ESO B fixemos, para celebrar o 30 de novembro, Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte, fixemos durante a 1ª avaliación, uns murais de edificios emblemáticos de Redondela con frases contra a pena capital.


Colaboraron a Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional e o propio Concello de Redondela, que pendurou tamén unha pancarta nunha das fiestras do edificio principal.

   

O mural de 3º A
Representa o viaduto, sobre o que se proxectan a frase Non á pena de morte e a candea de Amnistía Internacional. Para simular a proxección estivemos traballando nun sistema con LEDs que se penduraría do teito... e conseguímolo! Pero despois, ao pendurar o mural no corredor, a instalación era moi complicada e cambiámola por unha tira de plástico de forrar libros coa frase e o debuxo feitos a rotulador. Aínda así, fixemos unha candeíña de plástico que pegamos ao lado do mural.



O mural de 4º A
Representa o edificio do Concello co texto Non á pena de morte e a candea pintados en amarelo. Acompañamos cuns comentarios en folio onde se explica qué é o Día das Cidades Iluminadas.


O mural de 4º B
Representa o Multiusos da Xunqueira, co lema Toda persoa ten dereito á vida e a candea pintados. Para debuxalo axudámonos dunha proxección e despois repasamos as liñas, mentres comentabamos a xeometría do edificio. As letras e os debuxos gardan a perspectiva da fotografía. Acompañamos tamén cunhas citas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


A mensaxe
A nosa mensaxe resúmese nestes tres comentarios:


Materiais
Para documentármonos, antes de empezar o traballo, consultamos a páxina de Amnistía sobre esta actividade e o Pasaporte dos Dereitos Humanos.


         

viernes, 11 de noviembre de 2016

Encontro con Ahmed Alí

Encontro con Ahmed Ali Abdelhamid Ahmed Darraz, reporteiro gráfico exipcio protexido por Amnistía Internacional.
Colaboran: Departamento de Filosofía e Proxecto de Biblioteca 2016-17, O corpo humano - O dereito a non sufrir tortura. Post realizado a partir das contribucións de todo o alumnado de 1º Bach. e a materia de Psicoloxía de 2º Bach. 


O encontro con Ahmed Alí tivo dúas partes. En primeiro lugar informou sobre a primavera árabe e os principais nomes e sucesos que e sucesos que debemos coñecer para comprender esta historia. Despois contou a súa historia sobre como foi detido e torturado e tivo que abandonar o país.

 1. A primavera árabe 

En Exipto en 2004 gobernaba o xefe militar Hosni Mubarak. Os primeiros anos do seu mandato foran bos pero a partir de aí convertiuse nun dictador. En 2005 houbo unhas eleccións que gañou con case un 99% de votos favorables... pero despois de investigar descubriuse que as persoas que estaban nos colexios electorais estaban a favor do réxime militar e que moitos dos votos obtidos por eles eran de persoas que estaban mortas!
En 2011 houbo grandes mobilizacións de mozos do 6 de abril, movemento que xunta diferentes ideas. Houbo unha manifestación no Cairo na que trouxeron un cadaleito coa bandeira de Exipto con imaxes de Mubarak e a palabra “ilegal”; este foi o primeiro parafuso no cadaleito do dictador.
Outra manifestación tivo lugar na ponte de Alexandría. os mozos miraban ao mar, de costas á estrada. Foron todos detidos e torturados cruelmente: apagaban cigarros contra a súa pel e electrocutábanos nas súas partes íntimas. Uns saíron do cárcere logo de tres noites e outros tras 13 horas.
Chegaron con isto á morte dun dos mozos Despois manipularon as probas e metéronlle droga na boca para que parecese unha sobredose.
Tamén, en Túnez, un home plantaouse lume a si mesmo diante do Parlamento polo descontento ante as inxustizas.


 2. A súa detención e tortura 

Conta Ahmed Alí que o 31 de agosto de 2014 estaba facendo unha reportaxe á unha nai dun periodista morto. Ao chegar á rúa da súa casa detéñenme e rómpenme o carné de periodista; ao chegar ao cuartel non me deixan nin facer unha chamada.
Decidiu non contestar ás preguntas e foi trasladado a un campamento das forzas de seguridade. Outros reporteiros que se daban por mortos ou desaparecidos estaban nese campamento. Ao día seguinte contou ao avogado o que sucedía e metérono nunha celda de 1 x 0’5 m onde estivo 5 días cos ollos vendados e as mans esposadas ás costas. A prisión estaba debaixo da terra.
Cando me vendaron os ollos só me preguntaba se ía vivir ou se ía morrer.
Para ser liberado tivo que pagar unha fianza de 1000 libras. Volvín traballar, quería facer un seguimento do meu caso pero dixéronme que estaba pechado. Un día un amigo seu avogado escoitou o seu nome nunha sentenza e pescudou que se lle condenara a 25 anos de prisión. Ahmed Alí fuxiu a Uganda onde pasou 30 meses e logo foise a Kenia, onde coñeceu a un activista de Amnistía Internacional empezou a colaborar coa organización.
Foi así como veu a España para compartir a súa historia. Gustaríame volver ao meu país pero non podo.


 3. O coloquio 

Moitas das preguntas foron sobre os seus sentimentos durante o encarceramento e a tortura xa que, como comentou Gabriel Pérez, ao ser xornalista narra cousas que poñen os pelos de punta tal e como sucederon.
Sheila Figueroa preguntou se a súa familia lle axudara. Contestou que a súa familia hai moitos cargos da administración e do exército. Poderían axudalo en casos de drogas, roubos, asasinatos, etc., pero non nun caso de oposición ao réxime porque se volverían sospeitosas/os. María Outerelo recolle unhas frases: mentres non toques o ámbito político non terías ningún problema en Exipto. Por exemplo, un estudante italiano decidiu facer o seu doutoramento en Exipto; levou unha vida normal durante o seu estudo pero cando saíu a rúa para realizar o seu traballo, que tiña que ver coa situación política do momento, matárono.
Outras frases de Ahmed Alí amosan o carácter da xuventude exipcia e como loita contra a ditadura:
Aínda que os teus soños se rompan hai que seguir intentándoos.
Ti, cando naces, non deberías estar atado a unha dictadura.

Ao final da charla sacamos unha foto con el para apoialo e animalo xa que el tivo que sufrir moito.


Libro de visitas Con estes comentarios queremos darlle o noso recoñecemento e apoio:



domingo, 19 de junio de 2016

Acende a antorcha dos Dereitos Humanos!

Asasinatos policiais en Rio de Janeiro.
Colaboramos co Proxecto da Biblioteca Escolar 2015-16: A luz
e co Departamento de Educación Física.


Tan só uns meses despois do encontro con Ana Paula Oliveira e Renata Neder chéganos esta campaña de Amnistía Internacional sobre violencia policial en Rio de Janeiro: NON PASES OLIMPICAMENTE.
No Brasil, un de cada cinco asasinatos é cometido pola policía; desde que Rio foi elixida sé olímpica cometéronse xa 2.469 homicidios policiais (Datos de AI: xaneiro 2009 – decembro 2015).

Aínda que xa quedan poucos días para fin de curso, e todas/os estamos en plena época de exames, David e Cati buscaron un minutiño para pendurar estes cartaces na entrada do instituto e na cafetería.
Mercé e Alejandro, profes de Educación Física, poñen o cartaz tamén no pabellón e explican en clase que os xogos olímpicos teñen que ser para que disfrutemos todas e todos.
Podes ver a campaña en internet, onde atoparás moitos máis datos e poderás asinar para pedir
que se adestre á policía para manter a orde de xeito non violento,
que se retiren as leis que restrinxen dereitos fundamentais como o de reunión e de manifestación
e que se investiguen os asasinatos, se xulgue ás persoas responsables e se cumpran as condenas:



viernes, 3 de junio de 2016

Cartas para nenxs refuxiadxs

A nosa solidariedade: Unha luz na noite.
Colaboramos co Proxecto da Biblioteca Escolar 2015-16: A luz.

Que tal se che dá o inglés? Tanto se non dás xuntado catro palabras como se les a Shakespeare de corrido, é probable que haxa nenas e nenos refuxiadas/os que o fagan tan ben (ou tan mal) coma ti e coma nós. Por iso decidimos pasar por riba das nosas dificultades e tratar de poñer os nosos desexos e emocións na lingua máis asequible para todas/os e envialos por WhatsApp ata onde poida facer falta a luz da nosa solidariedade.

Para esta actividade, primeiro escribimos as cartas en 3º ESO coa axuda das nosas profesoras, Xemma (de galego) e Pilar (de inglés). Despois, Gabriela creou este grupo de WhatsApp e toda a xente do Grupo da Rede de Escolas de AI do centro fixeron fotos das cartas e mandáronas ao grupo. Finalmente, Pilar renviou as cartas ao grupo de Refugees Welcome Galicia, que as volveron renviar aos seus destinos.


Reproducimos algunhas das cartas:

Letter for the Refugee

I don’t know you but I know your situation and I know it’s very serious. I want to help you by giving you hope.

Hello, I’m Yahia.

I’m 16 years old, I’m studyng in IES Pedro Floriani Redondela (of Spain). I’m African and I live in Spain. My parents emigrated for a similar situation but it was not that serious. Never lose the hope because that is what keeps us alive and you will get what you are looking for. I hope that no one else will become refugee of war in Syria and the country returns to normality and you can recover what is yours. Good Luck.

Follow me on Twitter: @yahi_pg
   
      


Hello!

My name is María I’m from Spain an little town in Redondela (Galicia), but my mother is Colombian. In Colombia the situation is very difficult. I hope that once you can go back to your country so that you could be happy again. I think that the situation which you are going through, but you have to be very strong.

There are lot of people that are helping.

My school is collecting clothes for you, because we want to give you an respost and I hope this situation will end soon.

I hope the best for you out of this situation

Good luck 💗
   
      


Dear friend:

Hi, my name is X_____, but my friends call me X_. I’m a Spanish teenager. I’m 16 years old. I live in Galicia, a beautiful place, but... Who doesn’t consider their own birthplace beautiful? In this moment, my sister and my father live too far from me. Everything started six years ago, when was 10 years old. Since I can remember, my sister cared for me when my parents were working. She educated me, played with me and took to parks and other funny places... I sheltered beautiful memories. But everything changed one day. My sister went to another country for work reasons. At the same time, my parents separated and I was very sad. My exams qualifications went down severely and my mother decided to change me to other school. In this school I made friends, friends today are brothers and sisters for me. With the time, my bad situation much better and I advanced in my life. Today, I learn some what, and this is that life goes on... People come back in our life, but somebody is near all the moments, althought you think the contrary. And other lesson: even in the worst situations, there is always something good. And with this history, best wishes.

X____