A semana pasada, desde este Grupo, propuxéramosllo ao profesorado e hoxe celebrouse a votación, que saíu aprobada sen votos en contra.
Xa podemos poñer con orgullo os cartaces da campaña. Míraos no panel da entrada e na biblioteca:
A segunda vaga irá dirixida a persoeiros da cultura, sociedade, etc. e a institucións e, a terceira, a persoeiros da política.
O texto do manifesto denuncia a falta de resposta da Unión Europea e lembra os compromisos adquiridos ao asinarmos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, con especial fincapé na dobre exposición das nenas e mulleres ás violacións dos seus dereitos polas mafias. Finalmente, solicita á Unión Europea que ACOLLA e ao goberno de España
Que garanta unha resposta rápida para as persoas refuxiadas e solicitantes de asilo que chegan a Europa, ben por terra, ben por mar.
Que cumpra coas súas obrigacións internacionais e aumente o número de prazas de reasentamento, especialmente para mulleres, nenas e persoas en situación de especial vulnerabilidade.
Que garanta unhas condicións de acollida dignas.
Que se comprometa a impulsar medidas que garantan o dereito de asilo e ao establecemento de rutas legais e seguras para que ninguén teña que arriscar a súa vida en busca de refuxio.