jueves, 15 de junio de 2017

Boletíns: Tecnoloxía e Dereitos Humanos

A 3ª avaliación de Valores éticos trata sobre Tecnoloxía e Dereitos Humanos. En Valores éticos de 3º A, 4º A e 4º B, despois de considerar as vantaxes da tecnoloxía na difusión e defensa dos DDHH, fixemos boletíns informativos sobre varios problemas que o seu mal uso está causando. Nesta ocasión, o noso grupo contou coa colaboración do Departamento de Filosofía.
Non só queriamos profundar nas vantaxes e inconvenientes da tecnoloxía, tamén queriamos descubrir xeitos de traballar online en grupo e aprender a utilizar algún aplicativo axeitado para maquetar os boletíns, como Publisher.
Comezamos charlando sobre a tecnoloxía, cómo mellora as nosas vidas con novos aparellos, medios de transporte, cultivos, enerxías, redes sociais... Pero todo ten un lado escuro: o uso bélico, a contaminación, os cultivos agresivos co medio ambiente, a censura nas redes...
A continuación dividimos a clase en grupos e cada un decide o tema que vai investigar. Cada un ten que redactar un texto breve e moi claro e buscar imaxes que o ilustren. Aproveitamos a estrutura doutros boletíns feitos pola biblioteca ou o departamento de filosofía, en 6 columnas: portada e contraportada, unha introdución que se ve ao abrir a portada e tres columnas de información. A portada e contraportada son o lugar indicado para os logotipos, links e datos de contacto.


O boletín de 3º A

Os temas elixidos en 3º A foron:

Ataques con drons (B3H1ND),
Contaminación do delta do rio Níxer (Shell),
Glifosato e cultivos transxénicos (Monsanto),
Polución e
Centrais nucleares (Fukushima e Garoña).
  
O boletín de 4º A

En 4º A tratamos os seguintes temas:

120 xornalistas encarceradas/os (Control das redes sociais en Turquía),
Criminalización de Máxima Acuña (Intereses das empresas mineiras e de alimentación en Perú) e
Aceite de Palma (Man de obra escrava e deterioro do medio ambiente en Indonesia).
  
O boletín de 4º B

E os temas de 4º B foron:

As enerxías renovables (freadas en España por intereses das grandes empresas),
O coltán (Man de obra escrava e Menores soldado no Congo).
Slide to unlock (Uso do teléfono móbil para denunciar a prisión de Guantánamo) e
B3H1ND (O xogo de Drons e Hackers para teléfonos móbiles).

Zona de descarga
Podes descargar os tres boletíns en formato *.pub picando aquí: