O feminicidio en Galicia:
54 mulleres asesinadas
de 2010 a 2017
O 61,11% dos casos coñecidos en Galicia son feminicidios íntimos (no marco da parella ou exparella). Pontevedra é a provincia galega con a tasa de prevalencia máis alta en 2015 e a terceira máis alta do Estado ese ano. As tres mulleres que presentaron denuncia e conseguiron medidas de proteción foron asesinadas durante o quebrantamento destas medidas.
Asi mesmo, nos taboleiros mostrouse información sobre como identificar os indicios da violencia na linguaxe, actitudes e nas redes sociais. Os peldaños cubríronse con consellos "Se a túa parella..." para informar dos comportamentos que conlevan actitudes sexistas que podan desenvolverse en violencia psicolóxica. E repartíronse lazos que elaboramos grazas a colaboración do voluntariado da biblioteca.
O alumnado participou na lectura do discurso de Emma Watson ante a Asamblea das Nacións Unidas.
Ademáis todo o centro (alumnado, profes e PPNN) participou na elaboración dun video (en galego, e inglés) baseado nun poema de Itziar Pascual titulado Por qué? que penduramos noutro post (Pica aquí para velo).