No patio, xunto ao salón de actos, colocamos as pedras que simbolizan os obstáculos que as mulleres aínda teñen que salvar despois de sufrir unha agresión sexual. Os carteis que penduramos na parede contaban a historia de Blanca, nome ficticio para a vítima dun caso real de agresión machista:
Primeira pedra, a agresión sexual: en Madrid, ás 5 da mañá, ao entrar no portal do seu edificio. un home atacouna, violouna e deixouna inconsciente.Por este motivo decidimos colaborar con Amnistía Internacional nesta actuación. As rapazas e os rapaces do Grupo da Rede de Escolas do Floriani estivemos dando información ás compañeiras e compañeiros que nos preguntaban, transmitindo os mensaxes clave e animando ás persoas adultas de ciclos e do profesorado a que asinaran o manifesto “Non máis pedras”. Estes son os carteis da actividade:
Segunda pedra, na Policía: dunha comisaría a outra pola cidade, un interrogatorio de 5 horas con preguntas como se fose ela a criminal (”Como ías vestida?”). A súa nai ameazada por preguntar qué estaba sucedendo.
Terceira pedra, no Hospital: dun hospital da cidade a outro, varias horas para que a atenderan, falta de intimidade (o forense pregunta, na sala chea de xente, “Vexamos, quen é a vítima?”), moitas neglixencias ao gardar a roupa como prob ou ao recoller probas do delito, borradas xa porque pasaran 10 horas e estivera chovendo.
Cuarta pedra, no Xulgado: meses sen que a chamaran, falta de información e, finalmente, a investigación detida ata o día de hoxe, non se usaron gravacións das cámaras de seguridade dos semáforos para identificar o agresor e ninguén volveu contactar con Blanca.
Quinta pedra, como podemos axudar? A concienciación sobre os estereotipos de xénero e o posicionamento fréante á violencia son esenciais.
Mensaxes clave
- Por que debemos unirnos? - Para defender os nosos dereitos. Non é un “favor”, é una obrigación.
- Afixémonos a convivir coa normalidade da violencia sexual - Basta!
- O sistema xudicial, sanitario e policial en numerosas ocasións son pedras no escuro camiño polo que transitan as mulleres superviventes de violencia sexual e os seus familiares. É iso o que queremos? NON, queremos cambialo.
- Principais problemas: Impunidade, prexuízos, revitimización, estereotipos, maltrato institucional, falta de formación en xénero, opacidade de datos e cifras.
- O sistema de atención ás vítimas no Estado español é practicamente inexistente. O Estado debe respectar, protexer e facer realidade os dereitos das mulleres. É a súa obrigación, non estamos pedindo favores.
- Apoiar o manifesto é combater contra a impunidade, tomando medidas contra unha das formas de violencia de xénero máis extremas e sistémicas.
- O trauma da violencia sexual supérase con apoio, non con rexeitamento.
- Non xulgues sobre prexuízos sexistas, busca a verdade e a xustiza.
- Moitas mulleres e homes xa saíron á rúa, pero temos que ser máis: súmate!, asina!
Materiais e fotos
Picando nesta ligazón podes descargar todos os materiais da acción:
- Carteis da actividade (Formato alta densidade para imprimir en A3).
- Guión do caso de "Blanca"
- Manifesto "Non máis pedras" (Individual).
- Manifesto "Non máis pedras" (Organizacións).
- Mensaxes clave.