martes, 12 de noviembre de 2013

Grupo da Rede de Escolas de AI - 1ª reunión 2013-14

O pasado martes, 5 de novembro, tivemos a primeira reunión do noso Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.
Como primeira acción do ano decidimos sumarnos á proposta por Amnistía, titulada Bla, Bla, Bla - isto é o que oen os que non escoitan. Picando nas imaxes pódense ver o vídeo da campaña e a páxina web de Amnistía con toda a información.


http://www.es.amnesty.org/es/grupos-locales/comunidad-madrid/paginas/agenda/evento/articulo/aunque-no-quieran-van-a-tener-que-escucharnos/
Trátase de facer gravacións de voz con mensaxes ou testemuñas sobre temas relacionados con tres dereitos humanos aos que o goberno está facendo oídos xordos. As gravacións enviaránse a Amnistíta Internacional que as remitirá á súa vez ao goberno.
Os dereitos aos que se refire a campaña son os seguintes:

Dereito á saúde, con especial atención á poboación inmigrante, que está en situación de extremo risco.
Dereito á vivenda, sobre todo nos casos de desafiuzamentos.
Liberdade de expresión e dereito de manifestación, con referencia especial á violencia policial con que están sendo reprimidas as manifestacións.
Na reunión falamos tamén do concurso de audiovisuais sobre nenas/os soldado, que gañou o ano pasado un grupo de alumnas/os do IES A Basella, de Vilanova de Arousa. Parabéns! Este é o video gañador: 

http://www.youtube.com/watch?v=neVT93vA5vs&list=PLnx_ESje4HkChcUIzg1wHkfuJGOSfi8eq&index=1

No hay comentarios:

Publicar un comentario