martes, 3 de mayo de 2016

3º ESO participa no Concurso de Microrrelatos

Este ano, en 3º ESO, participamos no Concurso de Microrrelatos da Rede de Escolas de AI. O tema era Persoas refuxiadas.

Dos relatos entregados enviamos o de Iria Míguez Ferreira, na categoría de 16 anos e menores:

Picando no cartaz do concurso podedes acceder á web de Amnistía Internacional - Vigo, onde están as bases da convocatoria.


Primeiro as persoas logo as fronteiras
Iria Míguez Ferreira


Ola, chámome Khalid, son un refuxiado e, como todos sabedes tiven que saír do meu país porque está en perigo pola guerra.

Para saír tiven que viaxar nunha balsa que nos proporcionaron uns homes, os cales nos roubaron as pertenzas antes de partir deixándonos só co posto e cun mapiña de onde debíamos dirixirnos. Na balsa viaxaban moitas mulleres con nenos, e nenos coma min, que viaxaban sós. Ao redor dos nenos as nais viaxaban homes que se turraban para dirixir a balsa. Algúns nenos morreron na viaxe, non sei se de fame ou de frío. Chegamos en dous días, xa que pola noite houbo que facer algunha pausa polas mortes e pola marea.

Cando chegamos, tivemos sorte de que nos esperara xente con mantas e bebidas. Algúns tamén nos traían pan do día. Tiven a sorte de quedar cunha das mulleres que nos esperaba alí. Levoume á súa casa e deume de comer. Tratoume como o seu fillo e díxome que ela non podía telos. Así que eu lle estaba salvando tanto a ela como ela a min. Esta muller segue sendo como miña nai despois de meses e, grazas a Deus, teño unha boa nova vida aquí.



Os premios na categoría de menores de 16 anos foron para Vera Santomé Juncal, do I.E.S. Paralaia, polo relato “Chamando ás portas do... ceo?”(premio do xurado) e Elena Berea Veiga, do I.E.S. Valle Inclán, por “A viaxe” (premio de popularidade in Facebook). En maiores de 16 anos ambos premios foron para Nerea Gómez González, do I.E.S. San Paio polo relato “Hijos de la Tierra”. Podedes ler os relatos finalistas abrindo este ficheiro de ISSUU:

 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario